Campaña divulgacion da raza Can de Palleiro

O Club Raza Can de Palleiro lanza unha campaña online con un vídeo en castelán para dar a coñecer fora da nosa comunidade autónoma a raza de can autóctona de Galicia que ademais se atopa en perigo de extinción.

Con o poder de difusión de internet e un público potencial de 559 millóns de persoas, se prevé que o vídeo poda resultar viral e dará a coñecer a raza Can de Palleiro como raza polivalente e equilibrada que o fai o can ideal con can de familia.

Dentro da campaña divulgativa do Can de Palleiro, e como raza autóctona galega que é, o Club tamén veu convinte a dobraxe o galego do vídeo que orixinalmente se gravou en castelán.

A campaña encomezou o sábado día 8 de Abril ás 11 da mañá no Café-Teatro do Pazo da Cultura de Narón coa presentación a socios e propietarios dos vídeos.

A campaña titulada O Can Ideal, e que levará en Redes Sociais o hashtag #ElperroIdeal (para castelán) e #OcanIdeal (para a versión en galego), ademais quere poñer en valor a capacidade dos cans como animais de terapia e como vínculo socializador para nenos e anciáns.

A pequena curtametraxe ten como protagonista humana a Nahir, unha nena uruguaia descendente de galegos, que ven a Galicia a vivir con os seus tíos tras a morte de seus pais. A traxedia vivida, os grandes cambios, os amigos que parece non existir…. E Nahir non se adapta, se obsesiona en debuxar un can ideal que ninguén cree que exista máis que na súa cabeza. Azares do destino fan que , o final, Nahir, recupere o sorriso.

Para fomentar que a raza Can de Palleiro apareza tamén nos medios tradicionais de divulgación como son televisións e radios ou outros medios on line que desexen inserir o vídeo sobre a nosa raza autóctona, se deseñou un tráiler de 30 segundos que estará dispoñible para tódolos medios que o desexen.

Dende o Club Raza Can de Palleiro queremos dar as grazas a todas aquelas persoas e institucións que colaboraron deixando o mellor de si mesmos para que este proxecto se puidese levar a cabo