Procedemento para criar en pureza racial Can De Palleiro

Si queres criar a raza CAN DE PALLEIRO, con garantía, sigue tódolos pasos:

 Primeiro Adecuado estado sanitario (vacinas, desparasitacións) e nutricional, do macho e da femia.

 Segundo Tanto o can como a cadela maiores de 18 meses, coa confirmación de raza pasada e superada, tal como establece a normativa. Pedigrí definitivo, xestionado polo Club da Raza, emitido pola Comisión Rectora do Libro Xenealóxico da Raza CAN DE PALLEIRO, tutelado pola Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia (único recoñecemento oficial da raza autóctona galega Can de Palleiro).

 Terceiro Pedir consello de cruce o Club para ir mellorando a raza sen caer en consanguinidade. O Club ten tódolos datos dos machos e femias rexistrados no libro xenealóxico e polo tanto pode aconsellar cal será o mellor cruce. Ademáis está en posesión de outros datos como: carácter, antecedentes, defectos, direccións dos propietarios, etc…

 Cuarto Antes de pasados 6 meses do nacemento dos cachorros, o dono da cadela ten que cubrir o impreso de  Solicitude de inscrición de Camada con tódolos datos dos pais e dos cadelos (microchips) e enviar o Club. Con eses datos dos proxenitores, cachorros e novos propietarios (Véase  Compromiso de Colaboración), o Club tramitará os papeis necesarios para que a Xunta asine e envíe os pedigrís oficiais (“pendente de confirmación aos 18 meses”) a cada propietario, que serán definitivos si o cadelo/a supera a confirmación de raza a partires dos 18 meses.

 Quinto Os cachorros deben de entregarse coa cartilla sanitaria e o microchip posto (o club ten convenio con veterinarios que van a casa dos socios). O do microchip é requisito imprescindible por normativa legal e para a inscrición dos cachorros no Libro Xenealóxico.

 Sexto O Club aconsella non entregar os cadelos os novos propietarios antes das 7/8 semanas de vida, os cadeliños necesitan estar ese tempo coa súa nai e irmáns con obxecto de que o seu comportamento futuro de adulto non se vexa afectado polo feito de separalos antes de tempo.

TER EN CONTA ISTO, SUPÓN POUCO ESFORZO, COLABORA NA RECUPERACIÓN DA RAZA E DALLE MÁIS VALOR AOS CADELOS.