Función Zootécnica da raza Can de Palleiro

Can pastor

Empregado como can pastor e tamén de garda, dotado de gran polivalencia, xa que dadas as súas características morfolóxicas e de estabilidade psíquica, podería chegar a desenvolver funcións de can policía, en catástrofes, socorro, rescate, guía, narcotráfico, exército, etc …

Por outra banda, trátase dun fiel compañeiro e coidador que a miúdo vemos acompañando aos maiores da casa nos seus paseos.

Un fiel compañeiro


 O que necesitas saber

A zootecnia é unha ciencia que estuda diversos parámetros para o mellor aproveitamento dos animais domésticos e silvestres, pero sempre tendo en conta o benestar animal ante todo e se estes serán útiles ao home coa finalidade de obter o máximo rendemento, administrando os recursos axeitadamente baixo criterios de sostibilidade.