VIII Concurso de fotografía
/ por /   Actividades, Noticias / 0 comentarios

Concurso de fotografía 2019

Concurso de fotografía 2019, Can de Palleiro

ÁMBITO PERSOAL DO CONCURSO E PARTICIPACIÓN

Poderán participar no Concurso fotográfico:

  1. Todas as persoas propietarias dun Can de Palleiro.
    NOTA: non é necesario ser socio do Club para participar no Concurso.
  2. Enviar fotografías indicando TÍTULO da fotografía, NOME do Can e os datos completos de contacto: Nome e apelidos, domicilio, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto. Se se recibe unha fotografía sen título, o Club resérvase o dereito de poñerlle o título que considere oportuno.
  3. As fotos serán exclusivas, é dicir, non se presentaron noutros concursos nin serían expostas en ningún medio social.

FORMATO PARA O ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS

  1. Cada participante poderá enviar un máximo de 3 fotografías en cor ou branco e negro. En formato . JPG sen compresión e nunha resolución mínima de 2560 x 1920 píxeles ou o que é o mesmo 5 mpx.
  2. A calidade da fotografía debe ser a máxima permitida polo sensor da cámara.
  3. Non se aceptarán fotografías con textos impresos sobre a fotografía ou efectos especiais do tipo marcos ou adornos nin montaxes. Tampouco se aceptarán fotos onde aparezan persoas.

TEMA

  1. O tema central da fotografía debe ser o Can de Palleiro.
  2. As fotografías deberán destacar a beleza da raza así como a polivalencia da mesma mostrando aos exemplares na súa contorna diaria.

ENVÍOS

Os envíos das fotos faranse por correo electrónico a calquera dos abaixo mencionados ou por calquier outro soporte informático á dirección postal adxunta.

candepalleiro@clubcandepalleiro.com
Lg. de Barreiros, nº 2 – Sedes
15596 NARÓN ( A Coruña)

PRAZOS

A data límite de envíos será o día 15 de Maio de 2019.

PREMIOS

As tres primeiras fotografías xunto con algunhas máis serán expostas en todas as exposicións realizadas polo Club. As tres mellores fotografías levarán un premio en Silleda do mesmo xeito que en anos anteriores así como a súa difusión nos medios sociais, publicidade, etc.

XURADO

O xurado estará formado por tres persoas relacionadas coa fotografía e o mundo canino.

CONTIDOS

O concursante declara ser o propietario do can cuxa fotografía difunde e o titular lexítimo dos dereitos de propiedade intelectual das imaxes ou, noutro caso, obter a cesión dos devanditos dereitos ou o consentimento inequívoco das persoas da fotografía e/ou propietarias do can cuxa imaxe difunda, incluíndo a título enunciativo, pero non limitativo, os dereitos de reprodución, distribución, transformación, explotación publicitaria e comercial, exhibición e comunicación pública. O concursante exime ao Club de Raza Can de Palleiro de calquera prexuízo neste sentido, e autorízalle a suprimir calquera imaxe que un terceiro reputara que non cumpre coas declaracións realizadas neste parágrafo.

CAUSAS DE DESCUALIFICACIÓN DUN PARTICIPANTE

  1. A organización poderá descualificar aquelas imaxes que polo seu contido atenten contra lei, a orde social e a dignidade de terceiros.
  2. Tamén serán descualificadas aquelas fotografías nas que se mostren exemplares en situación de abandono ou malos tratos.
  3. Non se aceptarán fotografías nas que se mostren exemplares con colares de afogo ou castigo.
  4. Tampouco serán aceptadas fotografías nas que os exemplares aparezan sucios ou atados a obxectos fixos.

PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais solicitados aos participantes son necesarios e obrigatorios para participar no concurso e incorporaranse a un ficheiro titularidade do Club de Raza Can de Palleiro cuxa única finalidade será a de xestionar o concurso e a asignación e comunicación dos premios. Unha vez finalizada a promoción, devandito ficheiro será destruído.
Os participantes teñen dereito a acceder e a rectificar, cancelar, opoñerse ao tratamento dos seus datos ou revogar o seu consentimento en calquera momento, dirixíndose ao Club de Raza Can de Palleiro.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no concurso implica, por si mesma, a aceptación das presentes bases.

COMPARTILO


Deixa unha resposta