VII Monográfico Can de Palleiro
/ por /   Actividades, Noticias / 0 comentarios

VII monográfico Can de Palleiro

VII monográfico Can de Palleiro

Prezado propietario
O Club da Raza Can de Palleiro organiza o VII Concurso Monográfico da Raza Can de Palleiro no Pabellón de Congresos da Illa de A Toxa (O Grove) valedoiro para o Trofeo Can de Palleiro/a do ano en Galicia 2019, o vindeiro día 2 de Setembro de 2018, no que poderán participar todos aqueles Cans de Palleiro debidamente inscritos no Libro Xenealóxico maiores de 3 meses , debendo contar coa obrigatoria cualificación de “Apto para Reproducir” aqueles exemplares maiores de 18 meses.

  • Lugar: Pabellón de Congresos (campo tiro pichón) Illa de La Toxa (O Grove).
  • 11:00 horas , inspección veterinaria
  • 11:30 Horas, Comezo das pruebas.
  • Clases admitidas: Cachorros/Moi Cachorros, Xuvenís e Adultos
  • Premios: 1º, 2º 3º Clasificado en cada clase e sexo, ademáis este concurso é puntuable para o Trofeo Can de Palleiro/a do ano en Galicia. 2019
  • Xuíz invitado: D. Mauricio Alonso Troncoso

Se admitirán inscricións ata as 24 horas do día 30 de Agosto de 2018 de balde. Igualmente os interesados se poderán inscribir no mesmo día do concurso ata media hora antes do comezo do mesmo cunha cota de inscrición de 10 euros por exemplar e estas inscricións quedarían fora de catálogo.

Se está interesado/a en participar formalice a súa inscrición utilizando esta mesma vía ou no Tfno. 629864754 indicándonos os seguintes datos:

  1. Nome do Can.
  2. Microchip
  3. Data Nacemento
  4. Sexo
  5. Cor de Capa.
  6. Propietario
  7. NIF
  8. Enderezo
  9. Teféfno
  10. Correo electrónico
  11. Lembrade: Cartilla sanitaria ao día

NECESITAMOS MOITOS PALLEIROS/AS ESTE DÍA NA ILLA DA TOXA, SE NON PARTICIPAS NO MONOGRÁFICO LEVA O TEU EXEMPLAR PARA ACOMPAÑARNOS NESTA ACTIVIDADE.
TEMOS QUE ENCHER A ILLA DE PALLEIROS/PALLEIRAS!! ANIMARSE E PARTICIPADE!!

Un saúdo do CCP

COMPARTILO


Deixa unha resposta