Oenach Atlántico 2015

Prácenos informar da vindeira actividade que terá lugar o día 2 de Agosto no Oenach Atlántico de Sedes (Narón – A Coruña) ás 11:00 h.

Como en anos anteriores teremos varias actividades a desenvolver con os nosos cans e remataremos con un xantar comunitario onde cada un poñerá o que poida para compartir entre todos. O Club poñerá as bebidas refrescantes (auga e refrescos variados) así como o material necesario de mesas, cadeiras, mantel, pratos, vasos, etc.

A efectos de organización rogamos nos confirmedes a asistencia a este evento.

Moitas grazas e saúdos.