Semana Verde de Silleda

Semana Verde de Silleda

Coma tódolos anos estaremos na Semana Verde de Silleda do día 8 o 11 de Xuño. Este será un ano especial porque o Club fixo en Febreiro 15 anos e o celebraremos como se merece nesta Semana Verde, en especial o domingo día 11 a mañá. Coma tódalas actividades que facemos, pero en especial esta, non será nada se non contamos coa vosa colaboración e a dos vosos exemplares de Can de Palleiro e polo tanto ide reservando esa data para celebrar con nós “2002 – 2017 15 anos de traballo e esperanza”.

Semana Verde de Silleda

Máis adiante se vos pasará o programa previsto pero podemos adiantar que estará con nós un ano máis o grupo folk “Can de Palleiro”, teremos demostracións de agiliti e canicross, tamén obediencia e xogos cós nenos e teremos tamén o concurso “O can máis listo” no que poderán participar tódolos cans de palleiro presentes que cos seus donos nos amosarán o “listo que é o meu can”. Teremos a entrega do palleiro de honra, socio/a do ano, gañadores do concurso de fotografía e sortearemos varios agasallos entre os donos dos cans asistentes. Info: http://www.semanaverde.es/index.php/es/
Saúdos.