Adquisición dun cadelo Can de Palleiro

Dende o Club levamos anos traballando na recuperación desta raza da man da Consellería de Medio Rural e tamén dos nosos socios e propietarios coas súas camadas programadas e controladas dende o Club.
Tamén temos que dicir que hai propietarios que van por libre en prexuízo da pureza da raza o non controlar a consanguinidade que poidan ter os pais e os problemas que poidan transmitir. A estes propietarios lles facemos un chamamento a responsabilidade si en verdade respectan e queren a raza do Can de Palleiro para que fagan sempre as camadas programadas a través do Club independentemente de que logo queiran ou non a colaboración do Club para colocar os cachorros.

Adquisición dun cachorro

Se queres un cadelo de Can de Palleiro con tódalas garantías de procedencia de raza fai o seguinte:

 Primeiro paso Ponte en contacto co Club da Raza Can de Palleiro a través de calquera dos medios que están a disposición ( mail,  teléfono, etc.) e dende o Club che informaremos adecuadamente do que tes que facer, do tempo de espera, de como andan os prezos de mercado e de tódalas dúbidas que poidas ter.

 Segundo paso Cubrir con tódolos datos o  impreso de solicitude de exemplares que se pode baixar dende a web  www.clubcandepalleiro.com ou podemos mandarcha por mail e en caso de necesidade podemos tomarche os datos directamente se nos contactas por teléfono. Unha vez recibida a solicitude pasas a nosa base de datos e tan pronto teñamos dispoñible unha camada poñémoste en contacto co criador ou viceversa. As solicitudes son arquivadas correlativas por orden de chegada.

Unha vez efectuada a posta en contacto entre criador e solicitante o Club xa se mantén o marxe ata a tramitación dos papeis, o Club non ten ningún criador oficial e polo tanto non intervén para nada nas negociacións de adquisición. Unha vez recibidos no Club os papeis do criador se tramitan e envían a Xunta para que emita e asine o pedigree provisional da raza que terá que ser confirmada a partires dos 18 meses por xuíz titulado e recoñecido, pasada a confirmación se emitirán os papeis definitivos sendo apto/a para a reprodución en pureza racial.

Nota importante: O Club non se pode responsabilizar das condicións de entrega dos cadelos, nin de como resultarán os cadelos o medrar. O Club recomenda a tódolos criadores entregar os cadelos con 7/8 semanas de idade, desparasitados, coas primeiras vacinas e microchip.