Características Rexionais

 Características rexionais da raza Can De Palleiro

 Cabeza

Cadelo de la raza Can de Palleiro

A cabeza é forte, cunha lonxitude aproximada de 4/10 a alzada á cruz, de forma de pirámide truncada, con óso denso, proporcionada coa conformación do animal. O cranio é plano e ancho, con arcos superciliares suavemente marcados e concas orbitarias pouco apreciables. A depresión frontonasal non é moi marcada. O nariz e o fociño son medianos e angostos, proporcionais ás dimensións da cabeza. Os labios son normais e apertados (sen que o superior supere a base das encias inferiores), non teñen tendencia a ser colgantes. As mandíbulas son fortes, con arcada dentaria completa e ortognatos, con mordida en tesoira. Os ollos son de mediano tamaño e de expresión vivaz, de cor variable, dende castiñeiro obscuro, nas capas negras, ata a cor mel ou amarelo; nalgúns exemplares, a pigmentación das pálpebras é negra. As orellas son de inserción alta, grandes e erguidas, con implantación un pouco aberta, sendo frecuente a mutilación e a perda da verticalidade nas puntas polas súas pelexas con outros cans.

 Colo

Presenta un colo musculoso e proporcionado coa cabeza e o madeiro. Debe formar un ángulo coa horizontal de 45º, a elevación é máis evidente co can en acción. A pel non forma papada.

 Tronco

O corpo no seu conxunto é mediano e lixeiramente alongado. A cruz é forte para a inserción co colo; a liña dorso-lumbar debe ser lixeiramente descendente, non debe de enselarse, con costas curtas, anchas e fortes, a cruz das cadeiras é redondeada. O peito é longo e profundo, o seu perímetro supera nun cuarto a súa alzada á cruz, con fortes costelas que non son aplanadas nin pronunciadas. O abdome é curto e lixeiramente ascendente aos pregamentos do ventre. A cola é grosa, de nacemento alto e presenta abundante e denso pelo, en movemento elévaa pero non a leva enroscada na cruz das cadeiras.

Cadelo de la raza Can de Palleiro

 Extremidades

As extremidades son rectas e ben verticais, presentando unha forte estrutura ósea. As extremidades anteriores son fortes, secas, paralelas e ben verticais. A escápula forma un ángulo de 45º coa horizontal, uníndose co brazo en ángulo recto (articulación escápulo-umeral). O brazo é forte e musculoso. Os cóbados non deben estar moi separados nin apertados ao peito, con liberdade de movementos. Antebrazos rectos que diminuyen o seu grosor de xeito gradual ata as cuartillas. Os carpos son de bo desenvolvemento e fortaleza. Os metacarpos están ben proporcionados, con bo desenvolvemento óseo. Os pés son ovalados e con certa tendencia a ser redondeados, con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duras e uñas curtas e fortes, de cor obscura, ou tamén brancas nas capas claras.

As extremidades posteriores son fortes, paralelas, perfectamente verticais posteriormente e con angulacións evidentes. Pernil ancho, musculoso e flexible. Nocello forte. Pernas fortes. Xarretes fortes e paralelos. Metatarsos sólidos, robustos e paralelos. Pés ovalados, con tendencia a redondearse, con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duras e uñas curtas e fortes, de cor obscura, ou branca, nos animais de capa clara. A presenza de esporón e sexta uña é relativamente frecuente, a pesar de que non é desexable.

 Movemento

Os movementos son áxiles e fortes. O movemento habitual é o paso, cambiando ao trote e/ou galope sen esforzo se o traballo o require.

Cadelo de la raza Can de Palleiro

 Manto

 Pel a pel tende a ser grosa, sen flaccidez, adherida ao corpo xa á cabeza.

 Capa (cor) a capa é normalmente uniforme, presentando unha gran variedade dende areas, canelas, castaños, lobunos e mesmo negros; en ocasións poden presentarse exemplares con capa binaria alobada (pelos de cor amarela e, nas puntas, negra), con mestura íntima de pelos amarelos e obscuros, amarelando no colo, garganta, peito e extremidades, como sucede nos casos de exemplares desta capa (can lobo). Non son aceptables os individuos brancos ou con grandes particularidades brancas.

 Pelo o pelo é mesto e denso, máis en inverno, por ser este un animal que acostuma vivir á intemperie.

 Tamano e peso

 Alzada á cruz machos 59-65 cm; femias 57-63 cm.

 Peso machos 30-38 kg; femias 25-33 kg.

 Se queres saber máis