Información Xeral do Club de Raza Can de Palleiro

En nome do  Club da Raza Can de Palleiro recibe a nosa benvida a este sitio web, que pretende convertirse no punto de encontro e de difusión da nosa raza e das actividades do Club. Esperamos que estas páxinas poidan servir para que se entenda un pouco mellor todo o traballo que facemos e a nosa modesta aportación a conservación desta raza que nunca tivo que chegar a esta situación.

Neste sitio mostraremos o máis destacado da nosa actividade así como unha mostra dos materiais que editamos para axudar a dar continuidade as mesmas.

Club de Raza Can de Palleiro

O noso Club nace como tal no 2002. Dende o seu oríxe, un montón de persoas vimos traballando para consolidar a raza dentro da nosa Comunidade e neste intre temos máis de 600 exemplares inscritos e algúns fora de Galicia como son os que están en Noruega, Brasil, Alemania, Holanda, Portugal, Asturias, Castilla-León, Aragón, Pais Vasco, Madrid e Cataluña.

 Participar no Club é moi sinxelo, podes pertencer como socio propietario ou como socio colaborador xa que ámbalas dúas opcións son válidas. A cota é de 20 € o ano e con iso o Club vai facendo as distintas actividades anuais e levando a cabo o funcionamento do día a día.

 Consolidar a raza:

O que nos une a tódalas persoas pertecentes o Club é o noso cariño polos cans é en especial polo can de palleiro e o empeño por lograr que esta raza se consolide e sexa un referente no futuro como foi para os nosos antergos ata non fai moitos anos e que debido a introdución de razas foráneas, cruces indebidos e que o de fora sempre é o millor levounos a situación actual e que grazas o esforzo de todos os propietarios ímola revertindo pouco a pouco.

 Cómo nos organizamos?

Mediante unha Xunta Directiva formada por:

  •  Presidente: Ernesto Fernández Rodríguez
  •  Vicepresidente:  Juan Carlos Puente Hermida
  •  Secretario/Tesoureiro: Xosé Manuel Vales Ramos
  •  Vocais: Daniel Bogo Varela e Roberto Maio Dosil.

 Cómo nos comunicamos?

Ademáis das asembleas, mantemos informadas ás persoas socias e o resto dos propietarios mediante a nosa presencia en Internet, correos electrónicos e correo postal. Ademáis, elaboramos un boletín trimestral que facemos chegar a tódolos socios e o noso email está sempre dispoñible para facernos chegar calquera tipo de comunicación.

 Cómo podes axudar?

Se compartes con nós o cariño polo Can de Palleiro e queres formar parte do Club, apúntate! Podes asociarte ou simplemente participar nas actividades que organizamos dacordo co nivel de compromiso que desexes asumir.

 Se queres colaborar de algunha maneira

Ponte en contacto con nós e cóntanos as túas ideas.