Neste momento estás a ver Can de Palleiro no San Froilán de Lugo 2025
imagen-lugo-san-froilan-can-de-palleiro

Can de Palleiro no San Froilán de Lugo 2025

Prezados/as propietarios/as:
Por mor das festas do San Froilán 2025 en Lugo estamos convidados, coma en anos anteriores, a participar nas mesmas e polo tanto pedimos a vosa colaboración sobre todo para o desfile do gando do domingo día 5 de outubro ás 13:30 h.
Como moitos xa sabedes trátase de dar un paseo polas rúas de Lugo, pasar polo Concello e volver o sitio de partida que será o pe do Vello Cárcere.
Por outro lado o sábado día 4 montaremos o estand do Club aí tamén o pe do Vello Cárcere e estaremos todo o día.
Agradeceríamos moito a vosa participación no desfile sobre todo dos propietarios/as que vos cadre cerca para non ter que levar cans de lonxe. Todos/as que poidades participar avisarnos para ir tomando nota.
O sábado 4 si alguén pode levar algún exemplar de mostra o estand sería estupendo a parte de botarnos unha man no mesmo.
Tamén o domingo 5 ás 12:00 se entregarán os trofeos á mellor femia do ano, mellor macho e mellor promesa.
Animarse e participade!
Grazas por anticipado.
CRCdP

Para socios/as e propietarios/as interesados/as en coñecer e comprender o temperamento do seu Can de Palleiro, o CRCdP xunto co Departamento de Etoloxía do Hospital Veterinario Rof Codina, organiza a 5ª xornada de “Test de Temperamento” o vindeiro día 8 de xuño en xornada de mañá e tarde no centro social de Santa María en Arzúa https://g.co/kgs/eS3SYtq .

A proba dura entre 30 e 45 minutos por exemplar. Importante cubrir previamente o test C-Barq que pasamos fai pouco.

Para anotarse mandar un correo o Club candepalleiro@clubcandpalleiro.com cós datos do propietario/a e o nome do can/cadela ou un whatsaap o 604074618.

Exemplares maiores de 1 ano

Se fixarán horarios aproximados para os participantes
Os que xa fixeron esta proba con anterioridade non teñen que repetila.
Se acreditará a participación con un diploma emitido polo HVRC

Grazas e saúdos