ESTUDO DO COMPORTAMENTO DA RAZA “CAN DE PALLEIRO” O sábado, 5 de novembro do 2022, no recinto feiral de Silleda, celebraranse as probas de comportamento para cans da raza Can de Palleiro (CdP). Prazas limitadas. Acceso restrinxido ós propietarios de exemplares a avaliar, veterinarios e técnicos. O Club da Raza Can de Palleiro e a Fundación Rof Codina subscribiron un convenio para que o Servizo de Etoloxía do Hospital Veterinario Universitario, realice un estudo sobre diferentes aspectos do comportamento canino. O estudo consta das seguintes fases: 1o.- Un cuestionario (C-BARQ) validado cientificamente, para cubrir polo propietario (https://docs .google.com/forms/d/e/1FAIpQLScldMG47awiEdLkL20tvCjnnLmqxjDvasGiqIq5IGrQal- Pw/viewform?usp=sf_link), sobre o comportamento do can. Grazas a el obtense os perfís de comportamento da raza e as medidas fenotípicas de confianza para futuros estudos xenéticos do temperamento. 2o.- Complementarase o cuestionario, previamente enviado ao Servizo de Etoloxía, con probas presenciais INDIVIDUAIS de comportamento, tamén validadas cientificamente, realizadas polas veterinarias especialistas. Neste caso se expoñerá o can (maior de 12 meses) a diferentes estímulos, durante uns 30 minutos, e se valoraran as súas reaccións. Cos resultados de ámbalas dúas elaborarase o estudo de cada exemplar e incorporarase ao estudo xeral da raza. Trátase dunha ferramenta importante para realizar unha mellor elección dos reprodutores axeitados. As veterinarias etólogas do HVU Rof Codina, repetirán as probas en distintos puntos da xeografía galega, para facilitar o maior número de participantes posibles e darlle máis impacto ao estudo. VANTAXES DE PARTICIPAR NO ESTUDO DE COMPORTAMENTO DO CdP: – Colaborar no mellor coñecemento da raza CdP – Coñecer e entender mellor ao noso can. – Consultar ás veterinarias dúbidas/problemas do can. – Recibir consellos para unha mellor educación/adestramento. – “Diploma de recoñecemento do can que axuda á ciencia”. Inscribirse: candepalleiro@clubcandepalleiro.com A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN É MOI IMPORTANTE.
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.