Prezado Propietario/a:
O Club da Raza Can de Palleiro organiza o XXX Concurso Monográfico da Raza Can de Palleiro na Mostra Exposición MOEXMU valedoiro para os trofeos Promesa e Exemplar do ano en Galicia, o vindeiro día 6 de abril de 2025, no que poderán participar todos aqueles Cans de Palleiro debidamente inscritos no Libro Xenealóxico maiores de 3 meses, debendo contar coa obrigatoria cualificación de “Apto para Reproducir” aqueles exemplares maiores de 18 meses.
Lugar.- Recinto Ferial Manuel Vila de Muimenta, Cospeita
Hora.-16:30 horas , inspección veterinaria
17:00 horas. Comezo das probas.
Clases Admitidas.- Moi Cachorros (3-6 m), Cachorros (6-9m), Xuvenís (9-18m) e Adultos (<18m + “APTO”) Campións (exemplares do ano en anos anteriores)
Animarse e apuntade os vosos exemplares.
Se admitirán inscricións ata as 24 horas do día 2 de abril de 2025.
Se está interesado/a en participar formalice a súa inscrición utilizando unha das seguintes vías:
• Formulario Google: https://forms.gle/Avru7Q1hK7GhJksA9
• Whatsapp: 604074618
• candepalleiro@clubcandepalleiro.com
Achegando os seguintes datos:
Nome do can, microchip, data de nacemento, capa e sexo.
Nome do propietario, DNI, teléfono.
Para consultar as bases do concurso: Bases do concurso.pdf
Lembrade o pasaporte sanitario ó día.
Un saúdo.
CRCdP
Para socios/as e propietarios/as interesados/as en coñecer e comprender o temperamento do seu Can de Palleiro, o CRCdP xunto co Departamento de Etoloxía do Hospital Veterinario Rof Codina, organiza a 5ª xornada de “Test de Temperamento” o vindeiro día 8 de xuño en xornada de mañá e tarde no centro social de Santa María en Arzúa https://g.co/kgs/eS3SYtq .
A proba dura entre 30 e 45 minutos por exemplar. Importante cubrir previamente o test C-Barq que pasamos fai pouco.
Para anotarse mandar un correo o Club candepalleiro@clubcandpalleiro.com cós datos do propietario/a e o nome do can/cadela ou un whatsaap o 604074618.
Exemplares maiores de 1 ano
Se fixarán horarios aproximados para os participantes
Os que xa fixeron esta proba con anterioridade non teñen que repetila.
Se acreditará a participación con un diploma emitido polo HVRC
Grazas e saúdos