Neste momento estás a ver Cómo conseguir un Can de Palleiro
como conseguir un can do palleiro

Cómo conseguir un Can de Palleiro

  • Categoría da entrada:Artigos

O Can de Palleiro está denominada como raza autóctona canina dende 2001. Dende entón, valorizouse o seu pedigrí, salvándose do perigo de extinción que ameazaba a estes animais. Actualmente, son cada vez máis as persoas que buscan a forma de ter un destes cans pastor, que levan en Galicia dende que chegaron os seus antecesores de centro Europa, cando sucedéronse as invasións celtas ou suevas.

O seu nome fai alusión os “palleiros” feitos de palla onde durmían cando vivían en granxas.

Carácter dun Can de Palleiro

Antes de decidir se podes facerte cargo dun can desta raza, debes saber algúns puntos do seu carácter que servirán para decidir se cumpre os requisitos para poder abrirlle as portas da túa casa:

  • Son moi fieis e agradables con persoas de confianza.
  • Con persoas descoñecidas poden chegar ser desconfiados e ter un carácter reservado.
  • É aconsellable que poidan vivir nunha casa con espazo, os pisos non son o mellor hábitat para eles, pero poden adaptarse.
  • O Can de Palleiro necesita realizar exercicio asiduamente, polo que deben cumprir cos seus paseos diarios e xogar con eles.

O máis importante é que sexan felices e poidan ter unha familia que os queira e os eduque ben, sobre todo de ben novos.

Procesos de adestramento

Moitos destes animais pasan por adestramentos para mellorar as súas capacidades psicomotrices e tamén para potenciar as súas habilidades. O Can de Palleiro ten aptitudes para a garda do gando e a caza. Aínda que, adaptándose os tempos actuais, estes cuadrúpedes poden servir como cans policías, en catástrofes o incluso narcotráfico, e ata de coidadores.

Segundo un estudo realizado polo Club de Can de Palleiro, estes cans adoitan “ser máis adestrables que outras razas pastoras coas que comparten orixe, conseguindo ser máis dóciles, cunha menor agresividade a persoas coñecidas”. Outras características analizadas é que teñen maior capacidade de adestramento e que contan cun temperamento estable.

Como obter un Can de Palleiro

O club de Can de Palleiro é unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica a asegurar o crecemento e a consolidación da raza autóctona Can de Palleiro e tamén leva un rexistro oficial, en colaboración coa Xunta de Galicia, a través do “Libro Xenealóxico” da raza Can de Palleiro, outorgando o denominado “pedigree” ás camadas rexistradas, ás que despois de 18 meses do seu nacemento realizan unha proba de confirmación para saber se son aptos para reproducirse.

Esta asociación pon en contacto criadores do can coas persoas interesadas. Abaixo atoparás as indicación a seguir para inscribirse na lista de espera e optar a un cachorro dunha camada dispoñible:

 

 

No formulario terás que explicar que tipo de cachorro gustaríache, se xa tiveches outras mascotas ou que tipo de vivenda tes para coidar o can, entre outras preguntas persoais. Canta máis información des, máis doado será para a asociación.

Se tes dúbidas, tamén podes escribir directamente ó correo candepalleiro@clubcandepalleiro.com e solicitar más información.

 

En caso de non seguir as vías oficiais para obter o teu cachorro de Can de Palleiro, é importante preguntar ó criador se os pais están declarados como “Aptos para a reprodución” e se teñen o “pedigree” emitido pola Xunta de Galicia.

Este procedemento serve para manter e coidar o patrimonio natural da raza autóctona Can de Palleiro, obxectivo principal da creación do club.