Neste momento estás a ver Que fai o Club de raza Can de Palleiro
Que fai o Club de raza Can de Palleiro

Que fai o Club de raza Can de Palleiro

  • Categoría da entrada:Artigos

O Club de Raza Can de Palleiro é unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica á conservación e promoción da Raza Can de Palleiro.

En 1999 comeza a recuperación da raza ao presentarse ó Plan de recuperación das razas caninas autóctonas de Galicia (España), co apoio da Xunta de Galicia, e comeza a recompilarse documentación ata 2002, ano no que xurde a asociación para preservar o patrimonio natural da raza.

As principais funcións do Club de Raza Can de Palleiro son:

  • Asegurar o crecemento e a consolidación da raza autóctona galega en perigo de extinción Can de Palleiro. O club pon en contacto ós interesados en conseguir un exemplar cos criadores rexistrados de Can de Palleiro para saber se hai camadas dispoñibles, asegurando a pureza racial destes e coidando da súa saúde morfolóxica e psicolóxica.
  • Supervisar as camadas programadas, para que as crías cumpran as características estándar da raza.
  • Facer un seguimento controlado de tódalas camadas rexistradas, realizando probas de ADN a cada un exemplares nados.
  • Realizar avaliacións ós cans a partir dos 18 meses que lles permita a súa reprodución e entregarlles o “pedigree” de raza a través do Libro Xenealóxico da Raza. Este custo o asumen os propios criadores.
  • Fomentar a cría e adquisición responsable para evitar cruces de raza.
  • Realizar campañas de difusión e comunicación para dar a coñecer a raza Can de Palleiro, a través de redes sociais ou anuncios coma este, que serviu para promocionar a raza autóctona galega fóra da comunidade autónoma.
  • Traballar en proxectos de investigación para coñecer en profundidade as características e o comportamento do Can de Palleiro e fomentar así a súa conservación. A data de 12 de marzo do 2021 existen rexistrados 2.841 exemplares.

 

O club tamén forma parte de FEDERAPES (Federación de razas autóctonas Español) que vela pola biodiversidade dos animais domésticos en España.

A asociación funciona cunha estrutura asamblearia, na que os socios e socias poden participar e votar nas decisións que se toman dende a asociación e poden participar nas actividades e proxectos a desenvolver, fomentando unha relación directa, participativa e de confianza cos propietarios dos cans. Ademais, os socios obteñen descontos e recomendacións de marcas asociadas ao club.

Para colaborar co club de raza Can de Palleiro podes:

  • Facerte socio por 30€ anuais
  • Adquirir un exemplar de Can de Palleiro
  • Facer unha doazón
  • Adquirir un produto na tenda online para ti ou para regalar

Se queres colaborar coa asociación, preme nesta ligazón.

Fonte de referencia: https://www.youtube.com/watch?v=nbtAdtL1ZPQ