Camadas

Estás interesad@ nun cachorro de Can de Palleiro?

INFORMACIÓN IMPORTANTE ANTES DE SOLICITAR UN CACHORRO DE CAN DE PALLEIRO

Ola:

Antes de cubrir o formulario de solicitude, rogámoslle que lea atentamente a seguinte información. Actualmente existe unha lista de espera para a adquisición de cachorros de Can de Palleiro. O tempo de espera pode variar considerablemente en función do sexo e da cor da capa solicitada.

De maneira orientativa, neste momento:

* Marela: é a capa con menor lista de espera, actualmente estimada entre 8 meses e 1 ano.
* Alobada: a lista de espera supera o ano.
* Negra: presenta unha lista de espera superior ás anteriores, debido a que existe unha menor
poboación de exemplares reprodutores desta capa.

Estes prazos son orientativos e poden variar en función dos nacementos, dos cruzamentos realizados
e da dispoñibilidade de exemplares de cada sexo e capa.

Como funciona a adquisición?

O Club Raza Can de Palleiro non conta con criadores oficiais. Os propietarios dos exemplares rexistrados realizan as crías cando o consideran oportuno, seguindo a información e as recomendacións facilitadas polo Club para a realización dos cruzamentos.
A medida que van nacendo as camadas, desde o Club poñemos en contacto os criadores ou criadoras coas persoas que se atopan na lista de espera.

A partir dese momento, a adquisición do cachorro pasa a ser un acordo exclusivamente entre o criador ou criadora e a persoa interesada. O Club non intervén nas condicións de venda nin establece os prezos dos cachorros. O Club si realiza o seguimento e control dos exemplares e das camadas e encárgase da tramitación correspondente do pedigree ante a Xunta de Galicia, organismo responsable da súa expedición.

Os cachorros entréganse, con carácter xeral, entre as 8 e as 10 semanas de idade, desparasitados, vacinados, identificados mediante microchip, coa súa correspondente cartilla sanitaria e coas probas de ADN dos proxenitores realizadas.

Posteriormente, aproximadamente entre os 2 e 3 meses desde a chegada do cachorro ao seu domicilio, recibirá directamente da Xunta de Galicia o seu pedigree.

Importante: coidado coas ofertas non controladas

É posible atopar en Internet anuncios e ofertas de cachorros de Can de Palleiro que non están controlados polo Club.
Ante calquera dúbida, recomendamos poñerse en contacto co Club ou solicitar ao propietario a
documentación dos proxenitores, así como a documentación relativa á alta e inscrición da camada.
É especialmente importante comprobar que todos estes trámites se realizaron correctamente desde o
inicio.

O Club ten constancia de casos nos que se informa ás persoas interesadas de que, posteriormente, o
Club poderá regularizar ou tramitar a documentación dunha camada que non fose correctamente rexistrada e controlada.
Esta información é falsa.
O Club non pode regularizar posteriormente unha camada que non fose correctamente rexistrada e
controlada desde o seu inicio. Por este motivo, recomendamos informarse adecuadamente antes de adquirir un cachorro e
asegurarse de que tanto os proxenitores como a camada cumpren cos requisitos correspondentes.

Se, despois de ler esta información, desexa continuar coa solicitude e formar parte da lista de
espera, pode continuar co formulario.

Se estás interesad@ nun cachorro de Can de Palleiro ponte en contacto co Club a través do noso email camadas@clubcandepalleiro.com e facilitarémosche toda a información necesaria.

Tamén podes realizar a reserva ti mesmo cubrindo o formulario que encontrarás nesta páxina.

Camadas Can de Palleiro
A día de hoxe dispoñemos de camadas en:

Neste momento no hai camadas dispoñibles. Las próximas camadas nacerán en Abril.

Quero reservar un cachorro de Can de Palleiro

Datos persoais


Características do animal


Características do habitáculo dispoñible


Outros datos de interese


Como chegaches a nós?

Si o desexas descárgate o    archivo PDF da solicitude, cúbreo e envíanolo a candepalleiro@clubcandepalleiro.com

SEDE OFICIAL

SEDE OPERATIVA