Neste momento estás a ver VI monográfico Can de Palleiro

VI monográfico Can de Palleiro

O Club da Raza Can de Palleiro organiza o VI Concurso Monográfico da Raza Can de Palleiro na Feira Rural de San Sadurniño valedoiro para o Trofeo Can de Palleiro/a do ano en Galicia 2019, o vindeiro día 25 de Agosto de 2018, no que poderán participar todos aqueles Cans de Palleiro debidamente inscritos no Libro Xenealóxico maiores de 3 meses , debendo contar coa obrigatoria cualificación de Apto para Reproducir aqueles exemplares maiores de 18 meses.

  • Lugar: Recinto Ferial A Cortiña en San Sadurniño (A Coruña).
  • 16:30 horas, inspección veterinaria.
  • 17:00 Horas, Comenzo deas probas.
  • Clases Admitidas: Cachorros/Moi Cachorros , Xuvenís e Adultos
  • Premios: 11º, 2º 3º Clasificado en cada clase e sexo, ademais este concurso e puntuable para o Trofeo Can de Palleiro/a do ano en Galicia. 2019
  • Xuíz invitado: xxxxxxxxxx xxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxxxxx

Se admitirán inscricións ata as 22 horas do día 23 de Agosto de 2018 de balde. Igualmente os interesados se poderán inscribir no mesmo día do concurso ata media hora antes do comezo do mesmo cunha cota de inscrición de 10 euros por exemplar e estas inscricións quedarían fora de catálogo.

Se está interesado/a en participar formalice a súa inscrición utilizando esta mesma vía ou no Tfno. 629864754 indicándonos os seguintes datos:

  1. Nome do Can.
  2. Microchip
  3. Data Nacemento
  4. Sexo
  5. Cor de Capa.
  6. Propietario
  7. NIF
  8. Enderezo
  9. Teléfono
  10. Correo electrónico
  11. Lembrade: Cartilla sanitaria o día

Un Saúdo do CCP

Deixa unha resposta