Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerlle a meior experiencia do usuario posible. A información das cookies se almacena no teu navegador e realiza funciones tales como reconocerche cando volves a nosa web ou axudar o noso equipo a comprender qué seccions da web encontras mais interesantes e úties.
O Club
Quen somos e que facemos no Club de Raza Can de Palleiro
Organización autorizada e recoñecida pola Xunta de Galicia
O Club de Raza Can de Palleiro é a única organización autorizada e recoñecida por a Xunta de Galicia en lo referido do tratamento da Raza Can de Palleiro y para gestionar o “Libro Xenealóxico” da raza de Can de Palleiro, e polo tanto, é a única que pode asegurar a condición de pureza dun exemplar, o denominado “pedigree”
O Club nace como tal no ano 2002. Dende a súa orixe, un montón de persoas traballamos para consolidar a raza dentro e fóra da nosa Comunidade Galega, a data de 31 de Xaneiro do 2024 existen rexistrados 2.292 exemplares.
O que nos une a todas as persoas que pertencemos ao Club é o cariño polos cans e en especial polo Can de Palleiro e o empeño por lograr que a raza se consolide e sexa un referente nun futuro.
Accións do Club
CONTACTO ENTRE INTERESADOS E CRIADORES
Poñemos en contacto a persoas interesadas en adquirir un exemplar con criadores de Can de Palleiro, asegurando a pureza racial de todos os exemplares e a súa saúde morfolóxica e psicolóxica.
ACTIVIDADES
Realizamos campañas de comunicación e actividades para dar a coñecer a raza e traballamos en proxectos concretos que permiten investigala e consolidala.
SUPERVISIÓN DE CAMADAS
Para logralo supervisamos todas as camadas rexistradas e realizamos probas de ADN a todos os exemplares.
Aos 18 meses realizamos unha proba de confirmación a aqueles exemplares cos que se queira criar, para saber se son aptos para a reprodución.
RESPONSABILIDADE
O Club de Raza Can de Palleiro fomenta a cría e a adquisición responsable de exemplares.
Reproducir vídeo
As accións do club descritas anteriormente son un resumo das actividades que nos levan máis tempo e nas que dedicamos os nosos esforzos, todo este traballo realizámolo para que persoas coma nós, que lles guste a raza de can pastor medio-grande, poidan obter un can que lles achegue protección e compañía.
A nosa relación cos propietarios é a base da nosa organización. Fomentamos unha relación próxima, participativa e prolongada no tempo. Todos os socios poden colaborar en proxectos e actividades e decidir mediante voto directo nas asembleas xerais que realizamos. Ademais, os socios, obteñen acceso á rede de relacións comerciais do Club con descontos e recomendacións.
A que nos referimos cando dicimos consolidar a raza?
Referímonos a que cada exemplar cumpra o seu estándar racial, ou sexa, cumpra perfectamente as características morfolóxicas dun can de raza Can de Palleiro, o seu movemento e a que funcionalidades responde, e ademais, o seu comportamento, o carácter psicolóxico do can. Desta forma poderemos recuperar a raza en perfecto estado sen cruzamentos indebidos con outras razas.
Como podes colaborar co Club?
Colaborar co Club é moi fácil, o financiamento das nosas actividades parte das cotas dos socios, das doazóns e da venda de produtos na nosa tenda. Se queres contribuír ao crecemento da raza podes adquirir un cachorro de Can de Palleiro, facerte socio por 30€ anuais, facer unha colaboración, comprar un produto ou participar nas nosas actividades.