Portal de transparencia

Colabora, sen a túa axuda, a raza autóctona galega corre o risco de desaparecer

O Club de Raza Can de Palleiro é unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica á conservación e promoción da raza autóctona Galega Can de Palleiro, en perigo de extinción. Como asociación estamos inscritos e recoñecidos no Rexistro Nacional de Asociación do Ministerio de Interior en código 412 "Protección de Animais e Plantas".

resolucion inscripción titulares directiva
Certificado inscrición de Club Can de Palleiro no Rexistro de Asociacións folla 1

Consulta na seguinte ligazón o documento oficial da "Resolución de inscrición de Titulares da Xunta Directiva ou Órgano de Representación no Rexistro Nacional de Asociacións":

Podes descargar aquí o BOE que regula a actividade das asociacións:

Ou ben, consultar os dereitos e as obrigas das asociacións sen ánimo de lucro nesta ligazón:

Como se financia o Club?

O Club finánciase principalmente coas cotas dos socios, actualmente de 30€ ao ano, e coas doazóns particulares.

Reproducir vídeo

Que fai o Club con este financiamento?

LIBRO XENEALÓXICO

O Club é coxestor do libro xenealóxico da Raza Can de Palleiro.

CONSERVACIÓN DA RAZA

Traballa na conservación da raza mediante o control do estándar racial, revisión das camadas, probas xenéticas, confirmación de exemplares aptos para a reprodución e estudos académicos.

PROMOCIÓN DA RAZA

Traballa na promoción da raza mediante feiras, eventos e monográficos, así como mediante campañas audiovisuais.

CONTACTO

Pon en contacto aos futuros donos cos criadores que se rexistren e poidan demostrar a pureza racial dos exemplares.

Que fai o Club de Raza Can de Palleiro?

Reproducir vídeo

Que é o estándar racial? E o libro xenealóxico?

Reproducir vídeo

Podes axudarnos?

Necesitamos a túa axuda, calquera doazón que poidas facernos axudaranos a seguir coa nosa actividade, grazas.

Cales son os beneficios de facerse socio?

Beneficios de ser socio del Club Can de Palleiro
  • Os socios do Club teñen acceso á información de consultas sobre a raza e sobre os seus cans a profesionais especializados.
  • Acceso a charlas, eventos e actividades.
  • Descontos en todos os produtos do Club.
  • Descontos do 50% en todas as tarifas do Club.
  • Asesoramento para cruzamento.
  • Descontos nos pensos da marca “Arion”.
  • 10% de desconto no hospital veterinario Rof Codina para consultas non habituais.
  • Voz e voto nas asembleas do Club.
  • Poden formar parte da directiva.

Queres converterte en socio do Club?

Podes poñerte en contacto vía mail co club para facerte socio:

Grazas por colaborar co Club Can de Palleiro

SEDE OFICIAL

SEDE OPERATIVA