Colabora, sen a túa axuda, a raza autóctona galega corre o risco de desaparecer
O Club de Raza Can de Palleiro é unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica á conservación e promoción da raza autóctona Galega Can de Palleiro, en perigo de extinción.
Como asociación estamos inscritos e recoñecidos no Rexistro Nacional de Asociación do Ministerio de Interior en código 412 "Protección de Animais e Plantas".
Certificado inscrición de Club Can de Palleiro no Rexistro de Asociacións folla 1
Consulta na seguinte ligazón o documento oficial da "Resolución de inscrición de Titulares da Xunta Directiva ou Órgano de Representación no Rexistro Nacional de Asociacións":
Podes descargar aquí o BOE que regula a actividade das asociacións:
Ou ben, consultar os dereitos e as obrigas das asociacións sen ánimo de lucro nesta ligazón:
Como se financia o Club?
O Club finánciase principalmente coas cotas dos socios, actualmente de 30€ ao ano, e coas doazóns particulares.
Reproducir vídeo
Que fai o Club con este financiamento?
LIBRO XENEALÓXICO
O Club é coxestor do libro xenealóxico da Raza Can de Palleiro.
CONSERVACIÓN DA RAZA
Traballa na conservación da raza mediante o control do estándar racial, revisión das camadas, probas xenéticas, confirmación de exemplares aptos para a reprodución e estudos académicos.
PROMOCIÓN DA RAZA
Traballa na promoción da raza mediante feiras, eventos e monográficos, así como mediante campañas audiovisuais.
CONTACTO
Pon en contacto aos futuros donos cos criadores que se rexistren e poidan demostrar a pureza racial dos exemplares.
Que fai o Club de Raza Can de Palleiro?
Reproducir vídeo
Que é o estándar racial? E o libro xenealóxico?
Reproducir vídeo
Podes axudarnos?
Necesitamos a túa axuda, calquera doazón que poidas facernos axudaranos a seguir coa nosa actividade, grazas.
Cales son os beneficios de facerse socio?
Os socios do Club teñen acceso á información de consultas sobre a raza e sobre os seus cans a profesionais especializados.
Acceso a charlas, eventos e actividades.
Descontos en todos os produtos do Club.
Descontos do 50% en todas as tarifas do Club.
Asesoramento para cruzamento.
Descontos nos pensos da marca “Arion”.
10% de desconto no hospital veterinario Rof Codina para consultas non habituais.
Voz e voto nas asembleas do Club.
Poden formar parte da directiva.
Queres converterte en socio do Club?
Podes poñerte en contacto vía mail co club para facerte socio: