Neste momento estás a ver Estudo Do Comportamento De Exemplares Da Raza 2023

Estudo Do Comportamento De Exemplares Da Raza 2023

ESTUDO DO COMPORTAMENTO DA RAZA “CAN DE PALLEIRO”


O sábado, 25 de marzo do 2023, no Recinto Reiral do Trece en Sedes (Narón – A Coruña), celebraranse unha nova xornada de probas de comportamento para cans da raza Can de Palleiro (CdP).


VENTAXAS DE PARTICIPAR NO ESTUDO DO COMPORTAMENTO DO CdP:


• Colaborar no mellor coñecemento da raza CdP
• Coñecer e entender mellor ao noso can.
• Consultar ás veterinarias dúbidas/problemas do can.
• Recibir consellos para unha mellor educación/adestramento.
• “Diploma de recoñecemento do can que axuda á ciencia”.
Inscribirse: candepalleiro@clubcandepalleiro.com
Prazas limitadas.


Acceso restrinxido ó propietario do exemplar a avaliar, veterinarios e técnicos.


O Club de Raza Can de Palleiro e a Fundación Rof Codina subscribiron un convenio para que o Servizo de Etoloxía do Hospital Veterinario Universitario, realice un estudo sobre diferentes aspectos do comportamento canino, centrado na raza CdP.


O estudo consta das seguintes fases:


1º.- Un cuestionario (C-BARQ) sobre o comportamento do can, para cubrir polo propietario (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScldMG47awiEdLkL20t-vCjnnLmqxjDvasGiqIq5IGrQal-Pw/viewform?usp=sf_link).


2º.- Complementarase o cuestionario, previamente enviado ao Servizo de Etoloxía, con probas presenciais INDIVIDUAIS de comportamento, tamén validadas científicamente, realizadas polas veterinarias especialistas. Neste caso expoñerase ao can (maior de 12 meses) a diferentes estímulos, durante uns 30 minutos, e se valorarán as súas reaccións.


Cos resultados de ámbalas dúas elaborarase o estudo de cada exemplar e incorporarase ao estudo xeral da raza CdP. Trátase dunha ferramenta importante para realizar unha mellor elección dos reprodutores axeitados.


A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN É MOI IMPORTANTE