Neste momento estás a ver Cómo funciona o club de raza Can de Palleiro
Cómo funciona o club de raza Can de Palleiro

Cómo funciona o club de raza Can de Palleiro

  • Categoría da entrada:Artigos

Principalmente, a asociación funciona grazas a colaboración e participación de tódolos socios e socias. Unha vez ó ano celébrase unha asemblea xeral para conformar unha directiva, aprobar as actividades previstas e as contas da organización.

Cada socio paga unha cuota anual de 30€, que supoñe o 80% da financiación total da asociación. Ingresos complementados coa venda de merchandising na tenda online oficial do club, un convenio asinado pola Consellería de Medio Rural e as doazóns particulares.

A directiva encárgase de organizar actividades coa axuda dos socios e colaboradores e, ao ser unha asociación sen ánimo de lucro, ningún membro da asociación recibe ningún tipo de remuneración polo tempo que adica a esta fin.

Que fai o club co financiamento?

  • Leva a coxestión, xunto a Xunta de Galicia, do libro xenealóxico.
  • Traballa na promoción da raza mediante ferias, eventos e campañas de comunicación dixitais
  • Pon en contacto ós criadores cos futuros donos dos animais.
  • Traballa na divulgación da conservación da raza, facendo un seguimento a través de probas e revisións para comprobar que os exemplares non están cruzados e serven para a reprodución, mantendo a súa pureza racial.

Un dos principais obxectivos do club é manter o benestar animal na raza Can de Palleiro. Un animal está en boas condicións de benestar cando se atopa san, cómodo, ben alimentado, en seguridade e non padece sensación de dor ou medo. O seu estado de benestar é tan importante porque axuda á conservación e o desenvolvemento da raza canina. Para traballar esta prioridade, deben estar involucrados tanto os criadores coma os compradores, facendo unha boa selección de exemplares aos que se lle valida mediante o pedigrí ou árbore xenealóxica, evitando problemas de saúde nos cans que poidan xerar malestar.

A organización facilítalle aos criadores unha guía con indicacións, consellos e prácticas obrigadas, como poden ser: manter o cruce con exemplares con baixa consanguinidade ou a obriga de desparasitación, vacinas e microchip antes da entrega dos cachorros, así coma facer visitas veterinarias regulares.

O club tamén facilita información constante sobre características e necesidades da raza, de forma personalizada ou a través das súas redes.

Grazas ó seu traballo e a colaboración con outras entidades públicas, cada vez existe máis investigación sobre esta raza, coma é o caso do estudo sobre o comportamento da raza Can de Palleiro, que levouno a cabo o Servicio de Etoloxía e Medicina de Comportamento do Hospital Veterinario Rof Codina, da Facultade de Veterinaria de Lugo, pertencente a USC (Universidad de Santiago de Compostela).

A colaboración conxunta con estas institucións, axuda ó desenvolvemento físico e psicolóxico axeitado de cada exemplar.

Traballar na consolidación da raza deste animal servirá para que a raza de Can de Palleiro sexa un referente no futuro e teñamos unha raza autóctona propia.

Estás interesado en colaborar co club? Podes facerte socio aquí.

Se queres ser criador, tan só tes que encher os documentos obrigatorios (poder descargalos nesta ligazón) e envialos a candepalleiro@clubcandepalleiro.com,  quenes, despois de revisalos, mandan toda a documentación á Xunta para asinar o pedigrí provisional de raza que terá ser confirmado ós 18 meses do animal, permitindo a súa reprodución. É obrigatorio facerse socio e pagar a cuota anual.

Máis información:

https://www.youtube.com/watch?v=WLZNxh1Cavc

https://www.youtube.com/watch?v=ooojXooZ04A