Neste momento estás a ver Consellos básicos para criar un Can de Palleiro
Consellos básicos para criar un Can de Palleiro

Consellos básicos para criar un Can de Palleiro

  • Categoría da entrada:Artigos

Criar a un can de palleiro é unha labor que debe facerse con cariño e constancia, xa que será un traballo gratificante unha vez vexas unha evolución na educación do can. Esta raza galega non se considera perigosa e garda moitos semellanzas coa raza de pastores alemanes, belgas ou holandeses, sendo moi intelixentes e rápidos á hora de aprender habilidades, destacando a estabilidade psíquica e equilibrada deste animal1.

O que caracteriza a un can de palleiro no seu carácter é a súa valentía. Trátase dunha raza forte, é reservado cos extraños e agarimoso cos coñecidos. Dende o inicio, debe inculcárselle sociabilidade cos humanos para que se acostume a eles.

A continuación, mostrámosche algunhas das indicacións máis importantes para criar o teu can de palleiro ou se o prefires tamén podes ver o vídeo resumo aquí.

  • Facilítalle entornos estables

O can de palleiro debe contar con rutinas e espazos seguros

  • Vínculo positivo co dono

Como donos deste animal, debemos aprender a comunicarnos con él e xerar un vínculo positivo. Saír a entrear xuntos poder ser unha boa maneira de pasar tempo de calidade os dous.

  • Educación en positivo

A educación debe ser sempre en positivo e non en negativo. Por exemplo, mediante estímulos e non castigos.

  • Deporte

O can de palleiro necesita descargar enerxía. É un can activo polo que se recomenda darlle de 2 a 4 paseos diario. Ademais de exercicio físico, necesita estímulos psicolóxicos, xogos onde poida estimular o seu olfato, por exemplo.

  • Alimentación

Os primeiros 14 meses é necesario darlle ó can pienso de gama alta, para que reciba tódalas propiedades e vitaminas necesarias para o seu correcto crecemento.

No caso de detectar algún problema de conducta, débese consultar a un profesional.

A continuación, publicamos unha lista das preguntas máis comúns antes de conseguir un Can de Palleiro.

Podo ter un Can de Palleiro nun piso?

O Can de Palleiro é un can noble e equilibrado e adaptárase o entorno, pero ao ser un animal de tamaño medio, activo e enérxico é recomendable críalo en casas con espazo exterior.

Podo ter un can de palleiro con nenos na casa?

O seu carácter equilibrado e as súas funcións intrínsecas como can garda, facilita criar a un can de palleiro nun entorno con nenos. De feito, sendo tan leal aos seus donos, será protector con toda a familia, sobre todo cos máis pequenos da casa. Estes cans adoitan converterse en animais de terapia e serven como vínculo socializador para nenos e anciáns, así que cumpre as condicións idóneas para formar parte da familia.

É doado de coidar?

O Can de Palleiro necesita coidados, haberá que cepillalo entre dúas ou tres veces á semana para manter o seu pelo brillante e evitar a aparición de chinches ou outros insectos que poidan causar enfermidades na súa pel. Dúchao unha vez cada tres meses con produtos de hixiene especiais para caninos. Recorda que non debes cortarlle o pelo, nin sequera os meses de verán2.

Fontes de referencia:

1 – https://www.clubcandepalleiro.com/gl/a-raza/

2- https://soyunperro.com/can-de-palleiro-o-pastor-gallego/